Blog

Sobre a banalización da «violación»

O ano pasado por estas datas compartía con algunha de vós a preocupación de como os partidos do cambio usaban os termos, confundindo, distorsionando.

Como se adueñaron da palabra «autoxestión» e, por atrás, asomaba a tutela, a perda de autonomía e da capacidade crítica na hora de reflexionar e na hora de actuar.

Logo vós, tiñades reflexionado sobre a idea de distorsionar o termo «violación»? Parte dunha estratexia cobarde para adhesionar individualidades sen moita información? Feministas que van a respostar a cegas ao chamamento da sororidade.

Agora pregúntome como retornar a confianza e como curar esta ferida, ferida provocada polas compañeiras que dilúen o sentido de violación e opaca de novo esa explicitación que foi tan necesaria xa que noutros momentos se tendía a minimizala. Ninguén quería ver nin ouvir, logo, onde quedo eu? Agora, que todo é maximizado, volto a desaparecer. Entón decídeme, «amigas sororas», onde quedo eu. Onde quedamos as que precisamos o sentido de violación intacto; as que non queremos ser nin víctimas nin supervivintes, as que buscamos autonomía e empoderamento individual, as que non queremos ser salvadas. Nin gentlemen nin vangardas autoerixidas.

Continuar leyendo «Sobre a banalización da «violación»»

NOM!!! O acontecido em 1 de junho no CSOA O Aturuxo das Marías nom foi uma PERFORMANCE.

Este texto está extraido do blog «ogajeironagavea».

Nom som crítico de arte mas, por circunstâncias vitais experimentadas na altura dos anos do câmbeo de século, tivem relacionamento moi de perto com as artes performanticas e conhecim da mão -de quem era por entom minha compa da vida e artista multidisciplinar-, o trabalho de destacadas mulheres do século XX, que pensavam arte e política nesta expressom artística e transformaram a concepçom da Arte contemporânea.

Continuar leyendo «NOM!!! O acontecido em 1 de junho no CSOA O Aturuxo das Marías nom foi uma PERFORMANCE.»

Seis razóns e un chamamento

6 razóns polas que ese grupo co que te reunes é unha seita potencialmente perigosa tanto para ti como para terceiras persoas e 1 chamamento:

Es xoven, acabas de chegar a unha cidade nova e coñeces a máis persoas coas que compartes intereses e preocupacións. Vivimos un «boom» do feminismo, así que es consciente das humillacións, discriminacións, violencias e inxustizas que viviches ou podes chegar a vivir polo feito de ser muller. A busca de respostas a preguntas intelectuais e emotivas, a insatisfacción persoal e o descontento coa sociedade leva a moitas e moitos de nós a procurar unha saída colectiva e política que mude a realidade que nos oprime. Pero ollo, non todo o monte é ourego e moitas promesas de cambio e liberdade esconden loitas de poder e manipulacións atroces que poden converter a túa rabia revolucionaria nun castigo.

Continuar leyendo «Seis razóns e un chamamento»

Sobre punitivismo e disolución no grupo

Agora que nós mesmas baleiramos de contido os termos, pregúntome canto de superficialidade teórica, canto de estratexia política opera nesta intención.
Como antipunitivistas observamos como o Estado amplía o abano co intento de criminalizar, punir, reprimir con maior dureza calquera acción ben laxa. O que antes chamaban bandalismo, danos, desordes, hoxe é terrorismo e a sociedade, sen cuestionar, reproduce o discurso (recentemente aconteceu co «terrorismo» de Resistencia Galega). Do mesmo xeito no que a socidedae anula o cuestionamento ao status quo, vemos como, a través dos focos de autoridade, buscades o discurso uniforme.
A mellor forma de protexer o poder é a difamación («minte, que algo queda»)* e a protección do discurso único, lexitimándoo a través do castigo e o condicionamento a través do medo, totalitarismo. Destruír a subxetividade a través do sentimento de pertenza a un grupo e a disolución neste a través da adaptación. Xa temos unha maioría domesticada; agora toca perseguir a desobediencia, aleccionar ao colectivo a través do ensañamento coas individualidades que non foron sometidas. Recorda, non poñas un pé fóra do camiño, non cuestiones. O cuestionamento enténdese neste caso como sinónimo de desobediencia, de oposición, de non-adaptación.

Continuar leyendo «Sobre punitivismo e disolución no grupo»

Aviso a tempo por causa dos tempos

Não existem padrões de género nem «características inatas» que nos
definam como mulheres ou homens. Resultamos de condicionamentos
culturais que devemos desconstruir para procurar novos caminhos comuns.

O anarquismo é, por princípio, anti-sexista e inimigo do patriarcado,
porque a destruição de todas as formas de dominação é o elemento
básico da sua constituição.

O movimento anarquista é, por natureza, plural, com inúmeras
orientações, práticas e sensibilidades, apesar de existirem algumas
ideias definidoras comuns, entre as quais uma visão construída com base
na crítica ao poder e ao autoritarismo.

Nos últimos tempos, temos assistido, em meios que nos são próximos, a
episódios de alegada orientação «feminista» que nos têm levado à
reflexão e ao confronto. Os feminismos são muitos e alguns estão em rota
de colisão com as práticas libertárias. Ideias, práticas e
reivindicações que queriam ser alternativas e subversivas andam, na
verdade, perfeitamente alinhadas com as lógicas de dominação, procurando
apenas inverter a lógica binária, valorizando as hierarquias, ainda que
femininas, em vez de as destruir.

É com este tipo de feminismo, intrinsecamente autoritário, que nós
queremos traçar uma linha divisória. Estas pessoas, que são a negação da
luta anti-sexista que nos orienta, serão tão mal-vindas nos nossos
espaços como os comportamentos machistas ou outros de demonstração de
poder.

Contra qualquer tipo de autoritarismo.

Algumas anarquistas e alguns anarquistas do Porto

O sectarismo no movemento libertario.

 

Quixen deixar pasar uns días dende o arrepiante suceso do primeiro de xuño no CSO O Aturuxo das Marias (por unha cuestión de saúde mental) onde un grupo de mulleres acometeu unha acción contra os compañeiros e amigos (activistas dos movementos sociais galegos e do movemento libertario en particular), coa clara intención de levar a cabo unha cazaria de bruxas, converténdose estas mulleres nas inquisidoras.
«PATRIARCADO, AUTORITARISMO, DOGMATISMO… SECTA».
O relato dalgunhas mulleres e dos homes alí presentes, provocan nas persoas que temos pasado polos calabozos das forzas represoras do Estado uns agrios recordos e tristura de comprobala similitude da acción das que ata ese momento considerabamos compañeiras e amigas. Autoinculpación, exposición de fotos dos inculpados, obrigación dos homes a sinalar aos seus amigos e compañeiros como agresores e o tan odiado (por humillante) «paseillo», sufrindo as vexacións e os golpes.
Concordaredes conmigo que as mulleres anarquistas non podemos de ningún xeito suscribir nin apoiar está delirante acción. Os principios básicos das nosas ideas son «CONTRA TODA AUTORIDADE» e o «ENFRONTAMENTO SISTEMÁTICO CONTRA OS GRUPOS DE PODER».
En principio xa é moi inquedante, tanto a selección dos homes, como das mulleres que levaron a cabo a acción. Aos homes convócaselles a unha «alerta feminista», por ter que tratar graves asuntos con urxencia.
Curiosamente os convocados son os que acuden sistemáticamente as súas chamadas, e penso, que os únicos que traballan no rexeitamento dos seus privilexios de homes.
Tamén é sospeitoso o feito de non ter convocadas as compañeiras que serían críticas con esta acción, pero si convidar a outras que acudiron a chamada sen saber a que ían e participaron cun posicionamento acrítico.
Unhas poucas utilizaron a sororidade de moitas. «MANIPULACIÓN» dalgunhas cun discurso máis elaborado e o sometemento de outras con menos formación, tanto feminista, como ideolóxica.
Este suceso está a causar posicionamentos no feminismo, e no anarquismo, entendo que non podería ser de outro xeito, xa que moitos dos nosos compañeiros de loita e amigos, nalgúns casos dende fai vinte anos, estan sinalados como agresores. De a poucos fúmonos enterando o porque dalgúns sinalamentos, en moitos casos as imputación son por actitudes patriarcais… «BRAVAS, BRAVAS, supermulleres que conseguichedes desterrar da vosa cotidianidade as actitudes patriarcais. Os méus parabéns». Eu por desgracia as sigo ollando de seguido en min e tamén en vós (recoméndovos autocrítica e responsabilización, son  liberadoras).
Pregúntome se realmente pensades que está acción vosa fai algún ben ao feminismo, que traballou varios anos nun protocolo asinado por todas, onde quedaban reflexadas as actuacións cara as agresións machistas, e utiliza o linguaxe con cordura e específica os sinalamentos das agresions polo que son, pero despois de leer o voso manifesto, «declaración de guerra», evidenciades que para vós todo é violación.
A vosa actuación, creo que chamádela «performance», conleva reaccións por parte de mulleres que sentimos traicionada a nosa sororidade, e deixa en cuestión a nomeación das vosas denuncias, pola desproporcionalidade na nomeación das accións en contra das mulleres (non é o mesmo unha actitude patriarcal que unha agresión, está lonxe da violación), deberiamos ser cuidadosas co noso linguaxe.
Eu podo acreditar que os coidados son importantes en calqueira espazo, ou colectivo, pero tamén acredito que cando estes se convirten nun regodeamento na victimización permanente volvense tóxicos.
Todas temos que enfrontar na vida cotiá individual problemas persoais, situacións inxustas en todos os ámbitos, liortas ca parella, cas amizades, cas crianzas, nos traballos…
Pero é fundamental a resolución dos pequenos problemas de xeito individual. Que un colectivo se reafirme cos sucesos cotidians «molestos» de cada unha, non axuda a empoderar as mulleres individualmente, quizás só empodere o colectivo, de ahi a importancia da formación constante e de ter unha ideoloxía arraigada. O que nos empoderar as mulleres (igual que a todxs) son as loitas permanentes, e as accións que determinan as nosas ideas e as nosas propias vidas.
Instrumentalizáchedes un momento de dor e de raiva polas agresións a mulleres, para levar a cabo unha acción inxustificable, exactamente igual que fai o sistema para pedir a cadea perpetua.
¿Parécevos revolucionario, parécevos insurreccional? A min paréceme «DOGMA, AUTORITARISMO, SECTARISMO…», e unha clara intención de sublimar o voso ego colectivo, mais ca na defensa das mulleres danadas directamente.
 ¿Realmente todas as mulleres que conformaron ese batallón de castigo, creedes que os vosos amigos, compañeiros, parellas, son violadores?
Si é así, no último caso, tedes un gran estómago para despois de todo isto, marchar a durmir con eles…
Penso que non fixechedes unha avaliación dos danos de semellante acción, primeiro por deixar as vosas denuncias e as de moitas outras, cuestionadas (o máis grave de todo), despois, homes combativos feridos por sinalamentos inxustos, e tamén feridas as mulleres que compartimos militancia e amizade con eles.
¿Estades a chamarnos cómplices de homes agresores, ou imbéciles por estar xunto con eles nas loitas, e non distinguir que sexan agresores ou violadores?
Vaia por diante que sei perfectamente, porque é vox populi, cales son os homes que estaban nese proceso que podo considerar agresores, e ningún e compañeiro nin amigo.
Como militante anarquista dende fai máis de corenta anos seguirei ao carón dos compañeiros aos que non dixéchedes cal é o seu «delito» (a parte de que o seu sexo biolóxico sea o de un «home»). Tal vez nalgún momento se sodes capaces de nomear as denuncias reais que recaen sobre eles (cousa que dubido), o meu posicionamento podería cambiar.
En canto ao voso colectivo, xa non confio no voso criterio, penso que entráchedes nun bucle tóxico, e rexeito a vosa influencia no meu entorno, e a pesar de que causame certa tristura (solo por unhas poucas que perdo), poño por diante a miña propia saúde mental, e tamén a das miñas compañeiras, e a reafirmación absoluta das miñas ideas anarquistas e humanistas.
«EN LOITA ATA QUE TODAS AS PERSOAS SEXAMOS LIBRES E IGUAIS»
Amaló.